Mario Pereira, distinguido co Loureiro de ouro

Este recoñecemento é entregado por décimo primeiro ano consecutivo por Focucu co obxecto de homenaxear a persoas individuais ou colectivas que pola súa traxectoria persoal, profesional, cultural e veciñal, se fan exemplo de concordia e progreso social.
Daniel Santalla
septiembre 12, 2021

O Foro para os Cultivos Culturais de Lalín (FOCUCU) distinguiu hoxe co Loureiro de Ouro ao mestre e escritor lalinense, Mario Pereira.

O colectivo define a Pereira como “incansable mestre, Ilusionado normalizador dos usos sociais da nosa lingua, bibliófilo contaxioso, impulsor acérrimo e mantedor constante de Bibliotecas”, así como “difusor da literatura galega como ben Universal”.

Focucu tamén destaca a súa valía como “mellorador da convivencia e a memoria da nosa vila a través de tertulias e publicacións, mellorador da veciñanza, escritor íntimo, sen bombo nin platillo e constante cabilador do pasado e o futuro á luz do presente”.

Entre a extensa listaxe de motivos sinalan que Mario Pereira é “un veciño querido e amigable, logrador de poetas, novelistas e artistas plásticas, impulsor da vida, pensador en conversa, memoria da certeza e alegría do porvir”.

Este recoñecemento é entregado por décimo primeiro ano consecutivo por Focucu co obxecto de homenaxear a persoas individuais ou colectivas que pola súa traxectoria persoal, profesional, cultural e veciñal, se fan exemplo de concordia e progreso social.

Novas relacionadas