Un xabaril solitario camiño do Concello de Lalín

Foi captado nas últimas horas.
César Carracedo
noviembre 25, 2021

📹 Empezou a circular esta tarde a través de grupos de mensaxería este vídeo no que volvemos ver como os xabarís seguen a aproximarse cada vez máis ás zonas urbanas. Ata o punto de que xa non é nada infrecuente velos dando un tranquilo paseo polos lugares máis insospeitados.

👉 Neste caso, o paseante solitario foi visto na zona do Regueiriño, en Lalín. O animal cruzaba tranquilamente pola zona dos xulgados en dirección á praza de Galicia.

🤔 Ignoramos se o seu destino último puidera ser, talvez, o Concello de Lalín…

Novas relacionadas