Un rescate para espertar conciencias

O SEPRONA atopa un can en estado crítico nun monte de Rodeiro.
César Carracedo
febrero 7, 2022

⚠️📹 As imaxes que reproducimos nesta publicación poden resultar pouco agradables ou mesmo chegar a ferir algunha sensibilidade.

👉 Pero agardamos que a súa dureza sexa de certa utilidade e que sirva para chamar a atención sobre as consecuencias dun problema do que xa tivemos algún exemplo na comarca nas últimas datas. Falamos do abandono de animais. Ou da despreocupación por eles tras perdelos.

📍 O can do vídeo foi rescatado esta mañá en Rodeiro polo SEPRONA de Lalín despois do aviso dun particular. Foi nun monte no lugar de Borrigueiro, na parroquia da Portela.

▶ Cando os axentes chegaron ao lugar dos feitos atopáronse cun can nun estado gravísimo: enfermo, sucio, ferido, desnutrido… Practicamente á beira da morte.

➡️ Non tiña microchip nin ningún outro elemento que o identificase. Pero probablemente levaba moitas semanas sufrindo unhas condicións terribles e lamentables.

🚍 O can foi finalmente trasladado polo servizo de recollida de animais abandonados da Deputación de Pontevedra ao seu centro de acollida e protección de Meis, onde se fará o posible por darlle a atención axeitada.

🔴 En definitiva: un exemplo das duras consecuencias que pode ter o abandono de animais e que agardemos que sirva para espertar conciencias.

Novas relacionadas