A historia da música tennos deixado grandes cancións de amor. Pero estamos case seguros que esta é a primeira dedicada á última botella de licor café. Despois de todo… que outra cousa pode simbolizar mellor ese sabor entre doce e amargo dos amores de verdade?
“Sin ti” é o segundo tema do novo traballo de Vagos. E este que vos presentamos aquí, en primicia, é o seu novo videoclip. Foi gravado durante a pandemia, unha boa época para botar de menos o licor café, aos amigos e sobre todo… aos amores.
E lembrade que Vagos presentarán en Lalín o seu novo disco vindeiro sábado, nun concerto na terraza do Casino e que conta coa colaboración do Círculo de Recreo-Café Casino.
ROCK AND ROLL!!!
Podedes velo neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=mOCOESKxpMY