Iniciamos un mes de febreiro que pode ser todo un punto de inflexión para o tecido comercial da comarca. Tras unha campaña de Nadal con resultados aceptables polas limitacións de mobilidade que evitaron a fuga de clientes cara as cidades, o sector afronta novas restricións que están a poñer a proba a súa capacidade de resistencia.
Tendas de roupa e establecementos de alimentación, así como perruquerías, coinciden en varias peticións: máis axudas, baixadas de impostos e taxas e a implicación de todas as administracións nas medidas de apoio ao comercio fronte á Covid. Sen iso, din, o futuro non semella moi esperanzador.
Queima do Meco e procesión do Santo Torrisco en Lalín
Con estes actos púxose fin ao entroido.