Visitamos a sétima escavación arqueolóxica desenvolvevida no Castro de Doade. Nela saiu á luz unha parte da muralla primixenia do poboado castrexo. Trátase dun muro de defensa moi complexo construído e reconstruido en diferentes fases, pois hai indicios de que a muralla orixinaria se foi derrubando por algún motivo. Tamén apareceu unha zona de “bausreiro” cerámico con restos moi interesantes. Os próximos obxectivos son os de atopar os accesos ao castro. Xa hai pistas de por onde poden estar e prevese realizar sondaxes noutras zonas en fases próximas.

Comezan os traballos de remodelación viaria do Plan Concellos en Silleda, cun investimento de máis de 540.000 euros
A empresa adxudicataria, Taboada y Ramos, que leva xa varios días ca limpeza e perfilado de cunetas, iniciou hoxe os traballos de aglomerado no acceso e a explanada do CEIP Ramón de Valenzuela. Os traballos continuarán nas parroquias de Dornelas, Ponte, Taboada, Lamela, Carboeiro, Moalde, Vilar, Margaride, Silleda e Cira.