O caso Blanco Carballal volve ao Parlamento

A Xunta segue sen acalar os motivos da súa denuncia contra o exvoveiro do PP de Lalín.
César Carracedo
febrero 6, 2022

Hoxe volveuse falar no Parlamento de Galicia do caso Javier Blanco Carballal -lalinense, exvoceiro do PP de Lalín, e exsubdirector da Agader- que foi denunciado pola propia Xunta por presunta corrupción.

▶ O PSdeG tomou como exemplo este caso para pedir se deixase de nomear por intereses partidistas a “comisarios políticos” para “chiringuitos” como a AGADER, algo ao que se opuxo o PP.

🗣 Dende as filas socialistas, o deputado Martín Seco volveu reclamar que se clarexen os motivos da denuncia contra Blanco Carballal e tamén se a través da súa consultora segue a traballar “pola porta de atrás” para a Xunta ou outras administracións.

🗣 Mini Rivas, do BNG, comparou a Blanco Carballal co Bigotes (do caso Gurtel) e ampliou as responsabilidades políticas do caso aos seus superiores na Consellería de Medio Rural.

🗣 No Partido Popular apelan á presunción de inocencia da persoa á que denunciou a Xunta gobernada polo propio PP e din que a Consellería actuou con responsabilidade.

Novas relacionadas