O caso Blanco Carballal chega ao Parlamento

"Demasiadas frontes abertas" e poucas ou case ningunha resposta por parte da Xunta sobre a denuncia contra exsubdirector da AGADER.
César Carracedo
diciembre 23, 2021

O PSdeG preguntoulle hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia ao conselleiro de Medio Rural pola denuncia da Xunta “por presunta corrupción” contra o exsubdirector da AGADER, o lalinense Javier Blanco Carballal.

A deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta pediu explicacións pola falta de transparencia en torno a este caso. Entre outras cuestións, preguntou se Blanco Carballal, a través da súa consultora, segue a traballar para a Xunta “de xeito directo ou indirecto”.

O conselleiro de Medio Rural, José González, admite que as posibles irregularidades detectadas poden ter alcance penal, pero acóllese a que o caso está en mans do xulgado para non dar máis información sobre o asunto.

Novas relacionadas