No marco da programa “Noceda cultura no rural” promovido pola Asociación Cultural Xuventude Bolarqueira e pola Asociación de Veciños Bolarqueiros, esta mañá tivo lugar unha xornada de recollida de lixo que se saldou con quilos e quilos de desperdicios eliminados das contornas naturais.
En DZ acompañamos á mocidade da parroquia nesta exemplar iniciativa e aproveitamos para coñecer máis sobre a programación cultural que están levando a cabo.