A Consellería do Medio Rural segue traballando na zona de concentración parcelaria de Brandariz-Obra-Sector Brandariz, no concello de Vila de Cruces, co inicio das obras correspondentes á rede principal de camiños.
A execución destes traballos ten un orzamento consignado de 1,1 millóns de euros e unha duración estimada de ano e medio, é dicir, ata o mes de xullo de 2023.
Esta parcelaria, que está actualmente en fase de bases definitivas, está reorganizando unha superficie de case 1.000 hectáreas, repartidas en máis de 8.300 parcelarias iniciais propiedade de 575 veciños.
Coa posta en marcha deste proceso, búscase unha mellora da estrutura territorial das explotacións da zona e, por tanto, unha diminución nos seus custos de produción.