O PSOE acusa a Crespo de deixadez por obviar a exposición pública dos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco

O grupo municipal socialista vén de rexistrar no Concello un escrito solicitando, entre outras cuestións, que se facilite acceso e obtención de copias das comunicacións da Xunta de Galicia relativas á exposición pública das resolucións dos parques eólicos Pico Seco e Valdepereira.
Daniel Santalla
enero 8, 2022

Os socialistas de Lalín esíxenlle explicacións a Crespo Iglesias ante o que consideran “un novo caso de deixadez de funcións e de incompetencia manifesta novamente relativa á tramitación no ámbito municipal de parques eólicos”. Como xa sucedera con proxectos anteriores, indican, o Concello omitiu a obrigada exposición pública dos proxectos Valdepereira e Pico Seco impedindo que calquera persoa interesada poida consultalos.

Porén, o grupo municipal socialista vén de rexistrar no Concello un escrito solicitando, entre outras cuestións, que se facilite acceso e obtención de copias das comunicacións da Xunta de Galicia relativas á exposición pública das resolucións dos parques eólicos Pico Seco e Valdepereira ou a calquera outro extremo relativo a ditas instalacións que se recibira no ano 2021 ou no presente 2022.

Manifestan que é unha tomadura de pelo que o goberno do PP “non saque a exposición pública estas iniciativas eólicas tal e como é a súa obriga impedindo o acceso á documentación por parte da cidadanía”. Para o PSOE “estamos ante uns feitos moi graves que evidencia que Crespo ou ben non se entera de nada ou, o que sería máis grave, que trata de ocultarlle a información á xente como sucedeu en ocasións anteriores”.

Para os socialistas “tamén é sorprendente que Crespo trate de poñer toda a maquinaria política a funcionar cando se trata de parques eólicos de tramitación estatal e que cale de cando os proxectos os está a tramitar a Xunta de Galicia”.

Novas relacionadas