O PSOE desminte a Crespo e sinala que foi o goberno central quen freou os parques eólicos de Porcallos e Val do Folgoso

Explican que o goberno central solicitou que fosen retirados antes do 23 de xaneiro os proxectos con menos posibilidades de superar a avaliación ambiental a cambio de recuperar o aval económico previo. Santalla sinala que os parques eólicos que seguen adiante son os de tramitación autonómica cuxa exposición pública ocultou o goberno local.
Daniel Santalla
enero 25, 2022

O voceiro municipal do PSdG-PSOE, Román Santalla,acusa a Crespo Iglesias de volver mentir e sinala que os parques eólicos de Val de Folgoso e Monte dosPorcallos non se levarán a cabo por unha decisión do Goberno de España. Foi o Goberno central que instou ás empresas promotoras a retirar os proxectos de enerxía renovable máis polémicos e con menos posibilidades de superar o trámite de avaliación ambiental antes do 23 dexaneiro. Esta foi a data fixada polo Real Decreto Ley do 29/2021 para que os promotores puidesen retirar os proxectos a cambio recuperar os avais económicos solicitados ao comezo do proceso.

Santalla lembra que en contactos mantidos co secretariode Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, xa se adiantara que proxectos eólicos como Val do Folgoso e Monte dos Porcallos non tiñan posibilidades de saír adiante como finalmente sucedeu. “Foi unha decisión do Goberno de España que pediu a retirada dos proxectos máis polémicos”, insistiu, ao tempo que lle pediu aCrespo “que deixe de sementar cizaña co Goberno central e de mentirlle á cidadanía de maneira continua”.

Doutra banda, o portavoz municipal explicou que mentres os eólicos de tramitación estatal son paralizados os que xestiona a Xunta de Galicia seguen adiante con Crespo gardando silencio. Precisamente, hoxe foi coñecido un informe do secretario municipal no que se certifica que os expedientes dos parques eólicos de Pico Seco e de Valdepereira (tramitados pola Xunta con afección a Lalín e ao Irixo) non se puxeron a disposición da cidadanía polo Concello no obrigado trámite de exposición pública “nun exercicio de escurantismo nunca antes visto”.

O PSOE considera que Crespo ten que dar explicacións urxentes sobre os motivos polos que se lle ocultaron aos lalinenses os expedientes destes parques eólicos impedindo a interposición de alegacións no prazo estipulado por parte da cidadanía. “Estamos ante un caso inaudito de incumprimento de funcións e de falta de transparencia que pode ter consecuencias moi graves e,mentres isto sucede e a Xunta segue facendo parques eólicos en Lalín, Crespo prefire dedicarse a mentir e a perder o tempo atacando a ao goberno do Estado”.

Novas relacionadas