O BNG sostén que o parque Cefiro segue ameazando os montes de Goiás

Consideran que a renuncia da empresa “pode deberse a evitar unha confrontación entre promotoras eólicas que disputan o mesmo territorio”.
Daniel Santalla
enero 28, 2022

O BNG cualifica de “apresurado o triunfalismo co que, tanto o alcalde de Lalín, coma o PSOE local, celebraron a suposta retirada de avais, e polo tanto renuncia da promotora eólica de continuar cos parques eólicos de Porcallos e Val de Folgoso,nos montes de Goiás e Maceira”. “Mentres ambos manteñen unha estéril disputa de a quen se lle debe recoñecer tal falso logro”, din “o problema segue latente para eses lugares e pode amosar ao nivel ao que se está chegando con esta situación de “depredación eólica do territorio”.

O BNG quen asígnase o tanto de destapar a situación e “liderar este conflicto”, denunciando a ameaza, “non só destes dous parques eólicos, senón o dun terceiro, o PE Cefiro (56 MW), doutra promotora, que entraba en conflito cos dous primeiros”.

Os nacionalistas conminan ao goberno e ao PSOE local “a uns dende o Concello, e aos outros dende a súa proximidade ao Ministerio responsable da tramitación destes parques, a que pregunten se detrás da retirada do aval e renuncia dun dos promotores, está a disputa entre promotores distintos por un mesmo territorio eólico, no que ambos tramitan un proxecto idéntico, e evitar así entrar ambos nunha confrontación de intereses”.

Desde o BNG afirman que “estarán tranquilos sobre esta cuestión, no momento en que vexamos publicadas as resolucións denegatorias destes parques. Tanto dos que promove Capital Energy (Porcallos e Val de Folgoso), coma o que que promove Greenalia (PE Cefiro)”.

Explican que para a promotora eólica do PE Cefiro, abríaselle o prazo para a solicitude de autorización administrativa previa e o estudio de impacto ambiental, mediante o anuncio no «BOE» núm. 168, de 15 de xullo de 2021.Atopándose nestes momentos no fin da tramitación da fase potestativa, para o que o Ministerio de Transición Ecolóxica deberá avanzar no expediente administrativo de autorización. Para este parque eólico lembran que a Xunta manifestou o seu rexeitamento por estar fóra dunha zona aprobada de desenvolvemento eólico, máis dito posicionamente non resulta vinculante para o órgano ministerial responsable da súa autorización” .

Novas relacionadas