Este venres o eurodeputado socialista Nicolás González Casares reuniuse co empresariado e a veciñanza de Lalínpara achegarlles o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A estratexia, deseñadapolo Goberno para canalizar os fondos europeos destinados a reparar os danos provocados pola crise da COVID-19, artéllase sobre dous eixos fundamentais: a transición ecolóxica e dixital.
Xunto a Alba Forno e Román Santalla, secretaria xeral e portavoz do PSOE de Lalín, González Casares subliñou a oportunidade única que representa este plan “para avanzar na modernización da nosa estrutura produtiva”. O europarlamentario chamou á proactividade do tecido emprendedor no deseño de proxectos que poidan beneficiarse destas axudas, que supoñen “unha panca para Lalín e a súa comarca” nun contexto complexo que pide un futuro de reformas. Cambios que debemos aplicar ao modelo enerxético actual, no que estamos a comprobar a importancia que cobra o aforro e a produción de enerxía renovable e de proximidade.
“Estas transformacións supoñen un salto adiante encompetitividade, pero hai que ser ousados. Lalín conta cun bo polígono industrial, con moitos terreos públicos que poderían acoller unha comunidade enerxética que lle dera aos nosos empresarios unha perspectiva de custos alcanzables e constantes no medio e longo prazo”, explicaba Nicolás Casares, ao que tamén lle gustaría “ver ás nosas cooperativas agroalimentarias subirse a ese carro da transformación a través do PERTE da Agricultura”.
A esta aposta pola autonomía enerxética tamén se poden sumar as cidadáns e cidadás a través destes fondos e que se traducirían nunha mellora da eficiencia enerxética nas súas vivendas.
O outro piar no que se apoian os Next Generation é a dixitalización. A través do Programa Kit Dixital, dirixido a empresas de entre 10 e 49 empregados, os negocios mellorar ou ampliar o seu nivel de dixitalización con servizos como a creación de páxina web, ciberseguridade, comercio electrónico, que lles permitan optimizar xestión e custo ao tempo que sitúan o seu negocio no mundo dixital.
Respecto ao impacto que tiveron e teñen os fondos europeos na transformación de Lalín, Forno quixo lembrar os millóns de euros que leva invertido a Unión Europea no concello desde o anterior Goberno mediante os Fondos DUSI en proxecto como o Cinto Verde, amellora das rúas Joaquín Loriga e Principal, a rehabilitación do conxunto histórico de Lalín de Arriba ou de Donramiro. A secretaria xeral municipal do PSOE salientou que os investimentos continúan a realizarse a día de hoxe e puxo como exemplo o Centro Integrado de Saúde (CIS), que está a construírse integramente confondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Pola súa banda, Santalla tamén tildou a esta estratexia de “oportunidade histórica” e denunciou a “pasividade dasnosas autoridades locais á hora, non só de informar, senón tamén de ser ambiciosos” ante este plan. “Ou avanzamos por esa liña ou perdermos o carro. Como gandeiro sei ben que Europa ás veces esixe demasiado, pero tamén dá e hai que aproveitar as oportunidades”, insistiu.
Os asistentes puideron trasladar as súas dúbidas sobre os Next Generation e tamén as súas demandas en materia de política comunitaria.