Empezou a mellora do entorno da ponte medieval de Ponte Taboada

A actuación realízase con cargo as axudas de Turismo para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens no Camiño de Santiago, e con fondos municipais.
Redacción
octubre 12, 2021

Están xa en marcha as obras de mellora tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Taboada. Contemplan unha serie de actuacións para a conservación, protección e embelecemento do tramo de calzada que segue á ponte románica sobre o río Deza.

Os traballos comezaron estos días, logo de obter os pertinentes permisos sectoriais e a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, ca restauración manual da pedra fundacional da Ponte.

As obras teñen un investimento de 20.418 euros financiados coas axudas da Consellería de Turismo para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño, e con fondos municipais.

As accións propostas son respetousas co desenvolvemento e conservación do patrimonio a través do embelecemento, acondicionamento e protección do Camiño.

“Con esta actuación continuamos poñendo en valor o Camiño ao seu paso por Silleda, nun dos puntos máis fermosos do trazado, xunto á emblemática Ponte Taboada”, indica a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González.

Novas relacionadas