O fortalecemento do comercio local da provincia e impulso á sostibilidade turística no destino son os pilares dos catro novos proxectos presentados onte pola Deputación de Pontevedra que xa teñen confirmado o seu financiamento cos fondos Next Generatione que mobilizarán un total de 5,6 millóns de euros.
No marco dos plans de sostibilidade turística: Deza-Tabeirós recibirá unha inxección superior aos 2 millóns de euros con actuacións organizadas en 4 eixos programáticos, en concreto os de transición verde, eficiencia enerxética, transición dixital ecompetitividade. Entre outras accións, figuran a sinalización turística intelixente e unha smartguide dos recursos vinculados aos Camiños, así como o proxecto “Museografía dixital dos mosteiros de Carboeiro e Aciveiro e experiencia dixital Rapa das Bestas.
Polo seu lado, Silleda será o único municipio de comarca que participará na iniciativa ‘Da túa man’, que busca propiciar os cambios necesarios para reactivar o comercio da man tanto paracomerciantes, poñendo en marcha medidas que axuden a modernizar e iniciar a transformación dixital dos seus negocios.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que “isto é un exemplo de cogobernanza de todas as cores políticas. Estamos seguras e seguros de que imos ter moitos máis fondos porque imos presentarnos a todas as convocatorias que nos permitan transformar esta provincia”.
Do seu lado, o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, avanzou que “o 2022 vai ser o ano de Galicia e da provincia de Pontevedra, estes proxectos suporán un impacto directo na vida dun terzo dos/as habitantes e indirecto nos milleiros de persoas que se achegan para gozar do seu patrimonio, natureza e servizos”.