DZ é o novo medio multiplataforma que nace para darlle cobertura ao que acontece en Lalín e na comarca do Deza. Apostamos por enfocar a realidade dende a perspectiva dos seus veciños e por utilizar as novas linguaxes comunicativas para achegarnos á comunidade e conectar o territorio. Chegamos co obxectivo de ser unha ferramenta de utilidade porque cremos no valor do xornalismo de proximidade para axudar a construír unha comunidade local mellor informada e máis xusta.


Somos un equipo pequeno de xornalistas conscientes do poder da información real que temos claro que hai que ir ao fondo e non quedar coa forma. Partimos do compromiso firme co medio, coa lingua, coa comarca e coa diversidade da xente que a conforma. Queremos situar o Deza no mapa, conectar a cidadanía, vertebrar o territorio e divulgar os seus recursos para protexelos e poñelos en valor.