Correuse esta fin de semana a San Silvestre de Lousame e alí houbo unha representación do GTR-Galaico Trail Run.
As e os corredores brillan a pesar de ser un día no que a climatoloxia fixo todo o posible para dificultar a proba. Non parou un so intre de chover xa dende a noite anterior, o cal fixo que os participantes tivesen que realizar un sobresforzo para loitar contra as caídas e lameiros que se atoparon no percorrido…
No trail longo con 26km de percorrido…
Olaia Conde brilla acadando o primeiro posto en feminas con un tempo de 2h44′.
E a escasos tres minutos a outra Galaica Tamara García entra en segunda posición acompañándoa no pódium.
Por outra banda, na parte masculina, Gustavo Villar completa o percorrido nun magnífico tempo de 2h19′, que o sitúa de posto 17 na xeral.
Belén Riàdigos entra en meta con 2h57′, cun 5° posto de féminas.
No trail curto con 15 km de percorrido…
Enara Fernández logrou un segundo posto con 1h57′.
E Margarita Blanco, un posto 19° en féminas e un tempo de 2h40′.