O Cruces vence no derbi ante o Agolada e cae o Lalín fronte o Unión

O Lalín é cuarto, quinto o Cruces e oitavo o Agolada.
Daniel Santalla
enero 10, 2022

Volveu a competición á 1ª Galicia tras o parón de Nadal e no primeiro derbi do ano foi a SD Cruces quen levou a vitoria na casa dun Agolada que segue sen carburar. Bastou un solitario gol de Mazás no minuto 47 para que os granates se adxudicaran a vitoria no hospitalillo. Os locais tentárono durante toa a contenda, pero non foron quen de darlle a volta ao marcador nun duelo de clara cor granate. Así, o Cruces é 5º con 20 puntos, mentres que o Agolada permanece 8º con 10.

A nota negativa púxoa o CD Lalín, que de maneira cruel e nos últimos minutos do partido caeu ante o Unión por 1 a 2. Os de Julio Alberto sairon dominando e adiantáronse cun gol aos 5 minutos de Borja, pero cando a contenda parecía decidida dúas xogadas seguidas que remataron en gol no 85 e no 88 puxeron por diante ao Unión. Xerra de auga fría para o Lalín que se sitúa cuarto empatado a puntos co Cordeiro.

Novas relacionadas