Lalín ten novo equipo de balonmán. O Balonmán Loriga alza o voo e hoxe acompañámolo na súa presetación como club xunto co seu principal patrocinador: Proquideza.
O conxunto vestirá de verde e negro e disputará os seus partidos de 2ª Autonómica no pavillón municipal. Con Lolo como técnico e un abano amplo de xogadores mestura de veteranía e xuventude, o seu obxectivo é manter a máxima regularidade competitiva e loitar por estar o máis arriba posible.
Ademais, o Loriga chegou a un acordo co Balonmán Lalín para competir como filial o que lle dará a oportunidade de forxar a deportistas para o primeiro equipo e darlle minutos aos que teñan menos oportunidades en 1ª Nacional.