Novos éxitos galaicos por terra e por asfalto

O álbum de fotos da fin de semana para o GTR-Galaico Trail Run déixanos instantáneas en Portugal, Cangas de Onís e Pontevedra.
César Carracedo
octubre 20, 2021

En terras de Portugal, desputouse o 𝘼𝙛𝙞𝙛𝙚 𝙍𝙪𝙣𝙣𝙞𝙣𝙜 𝙏𝙧𝙖𝙞𝙡. Alí estivo o corredor de Touro José Fernández Rendo, que acadou un segundo posto na categoría M50 do trail longo, con 26 quilómetros de percorrido e “cunha participación moi ampla e de gran nivel como son as carreiras no país veciño”.

E en Cangas de Onís, David García Curros tivo unha magnífica participación na 𝙍𝙪𝙩𝙖 𝙙𝙚 𝙡𝙖 𝙍𝙚𝙘𝙤𝙣𝙦𝙪𝙞𝙨𝙩𝙖. 21 quilómetros de pura velocidade, que o corredor do GTR cubriu nun tempo de 1 hora e 59 minutos.

En Pontevedra esta era a fin de semana da súa 𝙢𝙚𝙙𝙞𝙖 𝙢𝙖𝙧𝙖𝙩ó𝙣, con catro representantes galaicos:

🏃‍♂️O corredor Manuel Conde parou o crono nun “sensacional tempo” de 1 hora 24 minutos e un posto 76 da xeral.

🏃‍♀️Estivo seguido de Patricia Varela, que fixo un tempo de 1 hora e 31 minutos, cuarta en categoría de féminas.

🏃‍♂️🏃‍♀️Camilo Framiñan (1 hora 33 minutos) e Andrea Saavedra (1 hora 57 minutos) tamén deixaron claro que os corredore e as corredoras de montaña de montaña son moi rápidos…

Novas relacionadas