Unha delegación da Asociación Amigos da Empanada de Bandeira reuniuse esta mañá coa primeira tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Silleda, Mónica González Conde.
Andrés Seoane (presidente), Flavia Payno (secretaria) e Alfonso Mato (tesoureiro) presentáronlle a nova directiva da Asociación e debateron xunto con Mónica González sobre a realización das festas de verán da vila da Bandeira.
Asociación e Concello “coinciden en que a Festa da Empanada debe celebrar no presente ano a súa 46 edición”. Iso si, “sempre coa máxima prudencia e cumprindo en todo momento as medidas sanitarias para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes”.
Tanto o Concello de Silleda como Amigos da Empanada valoran “de xeito moi positivo o encontro no que quedaron fixadas as principais liñas de colaboración”.