Os clientes que realicen polo menos tres compras dun mínimo de 50 euros cada unha en comercios asociados poderán optar ao sorteo de 60 vales de compra de 250 euros cada un. Os titulares do Carné Xove que compren nos comercios asociados poderán participar nunha promoción en Instagram premiada con tres Iphone 13. A decoración dos locais, o reparto de 5.000 euros con “Rasca e gaña” que entregará a hostalaría, o servizo de paquetería gratuíta e o concurso de escaparates completan a campaña.
