Actualidade

O PSOE advirte que Crespo so ten unha valoración dos terreos da “gran praza” pero carece de informes urbanísticos e de Patrimonio

O PSOE advirte que Crespo so ten unha valoración dos terreos da “gran praza” pero carece de informes urbanísticos e de Patrimonio

Afirman, ademais, que hai problemas coa superficie de fincas e a súa correspondencia catastral “deberá ser corrixidas, tal como se desprende no informe de valoración dos técnicos municipais”. O PSOE considera que “é evidente que Crespo tratou de enganar, unha vez máis, á veciñanza, algo ao que nos ten acostumados/as”.