Xa está en marcha o Rali do Cocido!!!

É a edición número 25, a das vodas de prata da proba automobilística organizada pola escudería Lalín-Deza.
César Carracedo
octubre 16, 2021

Fíxose esperar dous anos, pero os afeccionados ao motor poden desfrutar dende hoxe por fin dunha nova edición do Rali do Cocido. É a número 25, a das vodas de prata da proba automobilística organizada pola escudería Lalín-Deza.

Esta tarde tivo lugar a cerimonia de saída na rúa dos viños de Lalín, o punto de arranque para unha competición que 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗮 𝗖𝗼𝗽𝗮 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮ñ𝗮 𝗱𝗲 𝗥𝗮𝗹𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗔𝘀𝗳𝗮𝗹𝘁𝗼.

De maneira previa ao acto inaugural, algúns pilotos asinaban autógrafos na zona e pola mañá a Garda Civil comprobaba o cumprimento da normativa para o normal desenvolvemento do Rali.

Novas relacionadas