O tenente de alcalde e responsable de Cultura e Turismo de Vila de Cruces, Julio López, vén de anunciar que o goberno de Xuntos está a estudar a posibilidade de celebración da súa famosa Festa do Chourizo que desde o ano 2020 -que cumpría o seu 28 aniversario de existencia- non se puido realizar.
Tras unha paréntese de dous anos, Julio López pretende retomar a celebración neste ano 2022, no que -de non cancelarse as anteriores edicións- cumpriríanse 30 anos consecutivos da festa.
A tradición desta festa é que se celebre o 4 de febreiro, facéndoa coincidir co mercado tradicional de Vila de Cruces, pero “visto o gran incremento de contaxios existentes, e a suspensión dos entroidos e demais festas populares da contorna, dábase por perdida esta edición 2022”. Con todo, “os últimos acontecementos coa desescalada de contaxios e a decisión da Xunta de Galicia de rebaixar as restricións que existían ata o momento fan posible que a festa se poida celebrar.
Tras unha reunión do goberno, tomouse a decisión -segundo informa Julio López- de que o día 4 de febreiro so realizaríase debido a que aínda é moi arriscado, pero exponse un aprazamento da Festa do Chourizo Hai dúas posibles datas alternativas: o 17 de febreiro ou o 4 de marzo, facéndoa coincidir cos mercados municipais.
Todo vai depender de como evolucionen os casos de Covid para tomar a decisión, afirman dende o goberno local