O 23 de decembro ás 13:00 horas o salón de plenos do Concello de Vila de Cruces será o escenario dun acto de recoñecemento ao traballo destes 4 funcionarios que se xubilaron desde o ano 2019, “algúns con máis de 40 anos de dedicación profesional”.
“É toda unha vida ao servizo do Concello, da vila e das necesidades dos cidadáns, cada un nos vosos servizos”, afirman o alcalde a trravés dun comunicado.
“Para nós”, engade, “é importante agora que finalizastes a vosa etapa laboral, ter un instante para agradecervos o traballo realizado. O servizo público é enormemente valioso”.
Afirma que “en 40 anos de concellos democráticos a vila transformouse notablemente e, todo iso, ten moito que ver coa actividade que vós desempeñastes. Agora correspóndenos recoñecelo e agradecelo en nome dos cidadáns e da Corporación Municipal. Que esta nova etapa sexa moi feliz”, sinalou o alcalde.