UxR defende que alumnado de Agolada e Dozón poida estudar en Rodeiro para garantir a ESO na localidade

Mantiveron unha reunión con membros da ANPA "Xulio Lois".
Redacción
febrero 11, 2022

Representantes de Unidade por Rodeiro mantiveron esta semana unha reunión con membros da ANPA “Xulio Lois”.

No encontro falaron sobre a xestión covid, que -dende o punto de vista UxR- “foi mellorable, debido ao gran número de alumnos contaxiados en algunha aula”.

Tamén propoñen a posibilidade que os alumnos que deron negativo pero están en vixilancia, poidan comer no comedor e non nas súas casas, como marca o protocolo. “Temos unhas instalacións o bastante grandes coma para habilitar esta posibilidade”, din.

Con respecto a outros temas, UxR “defendeu e defende”:

– A gran importancia que ten unha ANPA para mellora e o traballo en conxunto en beneficio da educación pública. Para iso, defenden unha axuda directa do concello para a execución de actividades extraescolares, educación en valores etc. 
– Necesidade de actividades extraescolares por parte da administración
– Mellora por parte do Concello do mantemento das instalacións. Poñen de exemplo unhas fotos que subiron nos últimos dias onde uns desaugues tiñan unha zona do patio inutilizado e con moi mal olor. Así estivo sen lavar durante unha semana. 

– Mellora por parte da dirección de diferentes aspectos: 

Apoio e adaptación  a persoas con dificultades ou con problemas de saúde.

Estudo das circunstancias que motivan a que debe o feito de que un número importante de profesorado consideren marchar de centro.

Menús mellorables e a súa compra en proximidade.

UxR tamén defende que a Rodeiro “deberian vir alumnos/as de Dozon e Agolada e así garantir a ESO na nosa localidade”.

Para Unidade por Rodeiro, a reunión foi “moi interesante”, xa que “sempre é importante escoitar a sociedade para así trasladar á administración as súas necesidades”.

Novas relacionadas