Unidade por Rodeiro denuncia o “abandono” do campo de fútbol por parte do goberno municipal

É unha situación que estenden a "numerosos bens municipais"
Redacción
febrero 17, 2023

Unidade por Rodeiro denuncia “o abandono” do campo de fútbol, “ao igual que o ten feito con numerosas bens municipais”.

Din que “tanto o rego como as redes de protección están estropeadas dende fai anos e o mesmo acontece co polideportivo que tamén necesita de coidados”.

“O problema de todo isto”, engaden, “é que o sufren os colectivos sociais e as asociacións deportivas, que non poden desenvolver a súa actividade en condicións óptimas”. 

As asociacións tamén se queixan de que “a estas alturas levan sen fondos públicos dende hai dous anos, o que provoca serias dificultades para continuar a súa actividade”.

Unidade insta ao goberno “a preocuparse máis de xestionar o concello e menos de Alberte Lamazares, ao cal lle escriben algo todos os días”. 

Novas relacionadas