Compromiso por Lalín pregunta a que é debida “a creación de unha pataqueira no campo de deporte de Barcia, e se é a vella tradición do PP de deixar morrer instalacións que tantos cartos públicos tiveron de custe para os lalinenses, como a piscina climatizada”.
Compromiso lembra que no pasado mandato “investíronse varios miles de euros en mellorar a instalación, cambiando tamén a caldeira a petición da equipa de rugbi feminina, e mellorando os vestiarios, para poder “desatascar” a saturación dos campos de deporte de Lalín”.
Cre CXL que Avelino Souto “non dá o nivel para esta concellería, e somos coñecedores de numerosas queixas pola programación dos campos e os horarios, nos que o concelleiro ‘nin colle o teléfono'”. Lembramos que o goberno anterior “decidíu un forte investimento no campo de fútbol de Vilatuxe para axudar a que todo o deporte local non teña problemas, e este goberno segue nas mesmas”.
“A dilapidación de cartos públicos de Crespo e os seus é a mostra da falta de respecto aos impostos pagados polos lalinenses, mentres dan produtividades ad hoc a traballadores municipais presuntamente afíns, engadido a que son o goberno máis caro da historia para os lalinenses”, conclúen.