Naturgy xa localizou o motivo do corte que afecta, dende as 10:20 da mañá, a diferentes municipios da comarca do Deza.
Foi a caída dunha árbore sobre os cables da luz na liña entre Chantada e Lalín -en concreto no municipio de Rodeiro- tras a tala dun madeirista, segundo informa a empresa Naturgy.
Uns seis mil clientes de Lalín víronse afectados por esta situación, tanto no núcleo urbano de Lalín como en parte da zona rural.
O corte de luz tamén afectou a outros municipios da comarca, como Silleda ou Vila de Cruces.
Ás 15.10 da tarde, segundo informou a empresa Naturgy, quedou solventado o corte de electricidade que afectou a varios municipios da comarca do Deza durante esta mañá. O incidente prolongouse durante un total de cinco horas.