Un home resultou ferido esta tarde contra as 16.40, na N-640 ao saír da vía o vehículo que conducía. O sinistro tivo lugar nas proximidades da Ponte Vilariño, no concello de Agolada. Por causas que se descoñecen o coche acabou emborcado nun terraplén.
Ao lugar dos feitos acudiron os bombeiros do parque comarcal de Silleda, os servizos de emerxencias sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Agolada e o GES de Lalín. Tamén se mobilizou o helicóptero do 061, aínda que finalmente a persoa accidentada foi trasladada ao CHUS en ambulancia.