Tres persoas máis no paro en xaneiro na comarca do Deza

En total hai 1.649 desempregados no conxunto dos municipios.
César Carracedo
febrero 3, 2022

O paro volveu subir en xaneiro na comarca do Deza. Tres persoas máis atópanse en situación de desemprego con respecto ao mes de decembro.

O aumento vén motivado pola subida que experimenta Agolada, con 12 persoas máis en paro, e Dozón, con 4 máis.

No resto de municipios as cifras experimentan una leve melloría. O paro descendeu en 8 persoas en Vila de Cruces, en 3 en Lalín, en 1 persoa en Silleda e Rodeiro, respectivamente.

O número total de parados por municipios queda, polo tanto, da seguinte maneira:

⬇️LALÍN: 979 (-3)

⬇️SILLEDA: 320 (-1)

⬇️VILA DE CRUCES: 185 (-8)

⬇️RODEIRO: 57 (-1)

⬆️AGOLADA: 87 (+12)

⬆️DOZÓN: 21 (+4)

Novas relacionadas