As Galaicas veñen de rematar outra fin de semana cargada de trunfos.
A corredora de Dozón Tamara García proclamouse vencedora en féminas do VI Trail dos Penedos en Salceda de Caselas ( Castro Barreiro ).
Fixo un tempo de 3h 16′ nun percorrido cunha distancia de 25 quilómetros e 1.300 metros de desnivel positivo.
Pola súa banda, o corredor Emilio Montilla foi segundo na categoría de veteráns M cun tempo de 2h25′ tras unha carreira moi rápida na que os atletas estiveron permanentemente acompañados pola choiva.
Por outra banda, en terras portuguesas, a Galaica Noly Casal Olveira vén de subir o caixon na terceira posición en F.50. Foi no Ultra Vouga Trail con 55 quilómeros de distancia e un desnivel positivo de 2.918 metros.
Din dende o GTR-Galaico Trail Run que “este resultado demostra que os Reis lle trouxeron a Noly moi boas sensacións para o inicio da tempada 2022”.