Silleda lidera un dos grupos que opta á subvención no PERTE de Dixitalización do ciclo da auga

-O Concello concorre xunto cos de Fisterra, A Pastoriza, Melide, Pol e Valga ás axudas para a mellora e eficiencia do ciclo da auga dentro do Plan de Recuperación do Estado, cun orzamento total de 12,2 millóns de euros. - A rede de saneamento en Lamela, con 2,5 millóns de euros, a dixitalización de todo o ciclo da auga e a contratación de personal, son algunhas das medidas do proxecto con investimentos propostos que superan os 4 millóns para o municipio
Redacción
febrero 26, 2023

O Concello de Silleda vén de presentar a súa solicitude para a obtención de fondos na primeira convocatoria de subvencións en concorrencia competitiva de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PERTE Dixitalización do Ciclo da Auga).

Silleda lidera o chamado Grupo Galicia norte, no que participan tamén os Concellos de Fisterra, A Pastoriza, Melide, Pol e Valga, cun proxecto que suma en total a petición de 12.279.983,84.

No marco desta solicitude conxunta, o Concello de Silleda ten previsto poñer en marcha distintas actuacións, entre elas a dotación da rede de saneamento da parroquia de Lamela, cun investimento previsto de 2,5 millóns de euros.

Tamén se contemplan na memoria remitida ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) que permitirán á veciñanza coñecer de primeira man o seu consumo de auga real (gracias á telelectura), evitar perdas e detectar fugas, grazas aos sistemas dixitais de detección intelixente.

Ca dixitalización do ciclo da auga dende a súa orixe nas captacións ata o final do ciclo, outórgase aos Concellos un control exhaustivo e en tempo real dos seus recursos hídricos, garantindo a súa salubridade, o seu subministro e o seu correcto uso, o que redundará a súa vez non só en beneficios particulares para a veciñanza, senón a nivel global para o seu conxunto, debido ao papel que o recurso hídrico ten na sociedade, como un ben esencial.

As actuacións presentadas no caso de Silleda, están valoradas en máis de 4 millóns de euros dentro do proxecto conxunto, dos que serían subvencionables a través destas axudas un total de 3.335.494,32 euros (un 90% do orzamento).

Con esa iniciativa os seis concellos membros da agrupación buscan lograr sinerxias que lle posibiliten acadar un fortalecemento da súa capacidade técnica, compartir custos, mellorar a implementación das teconoloxías e maximimizar o impacto de ditas actuacións.

O 22 de Marzo do pasado ano 2022 o Consello de Ministros aprobou o PERTE (proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica) de Dixitalización do Ciclo da Auga, no que se establecían as bases da que sería posteriormente a convocatoria desta subvención publicada o pasado 30 de setembro de 2022 no Boletín Oficial do Estado (Orde TED/934/2022), dotada orzamentariamente con 200 millóns de euros, cunha reserva explícita de 60 millóns para aquelas agrupacións de concellos que concorresen de forma conxunta.

O grupo Galicia Norte realiza así un esforzo con visos de aliñarse cos obxectivos da Unión Europea (o Green Deal, a Transformación Dixital e a Resilencia da Economía), para que dense os concellos integrantes se encaren os retos necesarios no marco da gobernanza do ciclo da auga e a súa problemática.

Novas relacionadas