Silleda elabora un rexistro de recursos habitacionais xunto coa hostalería para acoller persoas refuxiadas

O albergue Santa Olaia xa ofreceu 50 prazas para unha primeira acollida. As persoas que desexen colaborar poden dirixirse a Benestar Social a través do mail silledasolidaria@silleda.es
Redacción
marzo 9, 2022

O Concello de Silleda está a elaborar un rexistro de recursos habitacionais para a acollida de persoas refuxiadas que cheguen de Ucraína á Comunidade galega, seguindo sempre os cauces oficiais e ca coordinación das Administracións supramunicipais.

Para esta tarefa estase a contar co sector da hostalería local (hostais, albergues, hoteis…) aos que se está a consultar sobre a dispoñibilidade de prazas. A día de hoxe xa hai ofrecementos coma o do albergue Santa Olaia, con 50 prazas para dar unha primeira resposta as persoas que poidan chegar.

“O que tratamos é de estar preparados ante esa chegada e a búsqueda de respostas a unha situación que non será inmediata senon que se alongará no tempo”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Nese rexistro figuran tamén vivendas baleiras que están a ofertar particulares, aos que se lles agradece tamén a súa colaboración. Toda a información sobre recursos dispoñibles será remitida a Fegamp, despois de que xa a pasada semana o Concello amosara a súa vontade de poñer recursos a disposición das persoas que o precisen

Todas aquelas persoas que desexen colaborar neste sentido ou que queiran informarse sobre como axudar poden remitir un mail a silledasolidaria@silleda.es.

Dende o Concello estase tamén pendente das decisións da comisión que comanda a Dirección xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta sobre o acollemento.

Así mesmo, tamén se lembra a cidadanía, -ao tempo que se lles agradece a súa disposición e boa vontade- as directrices e recomendacións actuais que pasan por reservar as doazóns de bens en especie para cando cheguen a Galicia as persoas refuxiadas polos cauces oficiais e regulamentarios, dado que se está a producir unha saturación tal que acarrea graves dificultades de almacenaxe, loxística e transporte.

Tamén se priorizan as achegas económicas ás ONG’s ou organismos internacionais que están dando apoio á poboación ucraína afectada, para que merquen o que realmente precisan no momento que o precisan.

Tamén se descartan as iniciativas individuais para recibir a menores non acompañados, lembrando que existe un sistema de acollida institucionalizado e que, na medida do posible, as nenas e nenos deben reagruparse coas súas familias.

Así mesmo tamén se recomenda non ir en busca de persoas e moito menos se se trata de menores, xa que dende distintos organismos se está a advertir que esta tarefa debe quedar en mans das autoridades competentes e non se pode sortear todos os procedementos legais e burocráticos precisos para materialización da acollida, pola posibilidade de poñer en risco ás persoas refuxiadas, que están ademais en situación de vulnerabilidade.

Concentración ante o Concello

Por outra banda o personal do Concello de Silleda secundou hoxe o paro de cinco minutos ás 12:00 horas convocado pola FEMP e a FEGAMP en contra da invasión por parte de Rusia.

Tamén está previsto organizar en vindeiras datas eventos solidarios a fin de recaudar fondos para axudar ás persoas afectas polo conflicto. A recadación do torneo da EF Silleda foi ingresada esta mesma mañá na conta da ACNUR, a axencia da ONU para os refuxiados, cun total de 806

Novas relacionadas