Silleda acolle o vindeiro venres a representación teatral do Camiño a Compostela realizado por membros da Xeración Nós

A cita será o venres día 1 ás 12:30 no núcleo tradicional de O Foxo. Os actores recrearan as andainas de Otero Pedrayo, Vicente Risco, López Cuevillas e outros galeguistas no verán de 1926, atravesando tamén as terras de Trasdeza.
Redacción
septiembre 26, 2021

A obra teatral Camiño de Nós, que recrea o periplo dende Ourense a Compostela de 7 intelectuais e escritores membros da xeración Nós no verán de 1926, chegará a Silleda a vindeira semana.

Nesta proposta teatral dirixida por Rosa Puga Davila e adaptada por Luis González Tosar, rememórase o itinerario que fixeron a pé, dende Ourense a Santiago, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Antón Sánchez, Lois Feixóo, Afonso V.Monxardín e Florentino López Cuevillas.

A representación, á que tamén se convidou ao alumnado de Secundaria, está aberta ao público en xeral.

Esta reprentación está a percorrer os concellos que forman parte da Asociación Camiño de Nós, para poñer en valor o itinerario realizado por este grupo hai 95 anos.

A idea da obra partiu da Fundación Insua dos Poetas, que preside Gonzalez Tosar en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927.

Novas relacionadas