Segundo día en dúas semanas sen un so médico de atención primaria en Rodeiro

Denúnciao Unidade por Rodeiro.
César Carracedo
diciembre 27, 2021

Unidade por Rodeiro denuncia que o municipio volveu estar hoxe sen ningún médico de atención primaria. É a segunda vez nas dúas últimas semanas que se produce esta situación. Hoxe ademais tamén faltou un enfermeiro, segundo indica a formación local.

Para UxR, esta situación é “vergonzante” e demostra que, “para a Xunta de Galicia, en Rodeiro a xente non ten dereito a enfermar”.

“O deterioro da atención primaria no rural cambote é alarmante”, lamentan.

 
“Que lle dicimos que fagan os maiores que baixaron o pobo en taxi para unha urxencia, ou as persoas que tiñan cita para hoxe?”, pregúntanse. “Que se pode esperar das políticas no rural se nin destinamos recursos a atención primaria?”.

 A esta situación “súmase ademais o cambio continuo dos médicos, que impide unha situación de confianza”.

UxR pídelle ao goberno local que aclare de que lado está, xa que “unha vez que non apoia as protestas locais fainos entender que defende a desatención sanitaria de Rodeiro”.

Esíxenlle ao PP de Rodeiro que dea a cara pola veciñanza local” e reclámanlle ao delegado territorial da Xunta “que cumpra con Rodeiro”.

Novas relacionadas