Salvemos Catasós urxe a ampliar a área de protección do Monumento Natural da Fraga de Catasós

A asociación anima a presentar alegacións ao proxecto do decreto polo que se aproba o plan de xestión para a zona. O prazo remata hoxe. Pódense realizar nesta ligazón: https://bit.ly/3imYXsP.
Redacción
octubre 4, 2021

Consternados.

Así confesan estar na Asociación Salvemos #Catasós tras comprobar que no Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión do Monumento Natural Fraga de Catasós non se amplía a área de protección nin se establece unha contorna externa de protección que inclúa as #fragas de Quintela e Casas Vellas.

Dende a entidade lembran a importancia destes espazos naturais tanto dende o punto de vista ecolóxico como de conectividade, tal e como se reitera en numerosas ocasións no propio plan de conservación.

Por iso, en Salvemos Catasós entenden que “a ampliación do Monumento Natural incluíndo a zona da Fraga de Casas Vellas, ou como mínimo a súa inclusión na contorna de protección do monumento natural é unha acción urxente que se debe levar a cabo coa maior celeridade posible”.

Ademais, tendo en conta a realidade ecolóxica da zona na que se sitúa o Monumento Natural da Fraga de Catasós, cren que se debe “evitar a separación e a fractura do ecosistema composto pola Fraga de #Quiroga e a Fraga de #CasasVellas, xa que ambas pertencen a unha mesma unidade, cunha composición faunística e florística semellante”.

Deste modo, “a facilitación da conectividade, máis alá da que aporta o Rego de Quintela, de ámbalas dúas é imprescindible”.

Salvemos Catasós presenta dúas propostas para facer efectiva a unión entre ambas manchas do mesmo ecosistema; a ampliación do actual monumento natural ou a inclusión da Fraga de Casas Vellas dentro da súa contorna de protección.

Ámbalas dúas contemplan “a creación dun corredor ecolóxico (sumado ao xa existente co Rego de Quintela), necesario para eliminar a barreira física que supón a N-525, o que permitiría o tránsito daqueles seres vivos que non poden atravesar esta barreira ou que atopan unha gran dificultade neste feito”.

Novas relacionadas