Sae a información pública o parque eólico Alborín, que se prevé instalar en Rodeiro

O Concello convoca unha reunión coa veciñanza o sábado, ás catro da tarde, no campo da festa de Negrelos.
César Carracedo
octubre 1, 2021
Aeroxenerador eólico entre toxos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a saída a información pública do estudo de impacto ambiental e das autorizacións administrativas do proxecto do parque eólico Alborín, situado no concello de #Rodeiro. Afecta de maneira máis directa aos habitantes da parroquia de #Negrelos.

Está impulsado por Green Capital Power e contempla a instalación de tres aeroxeneradores cunha potencia conxunta de 13,5 MW. O seu orzamento supera os dez millóns de euros.

A partir de mañá ábrese un prazo de 30 días para presentar alegacións. Coincidindo co inicio desta fase, o Concello de Rodeiro vén de informar da convocatoria dunha reunión veciñal para informar das actuacións “que vai levar a cabo o Concello para unirse aos intereses dos veciños”.

A reunión terá lugar este sabado día 2 , as 16.00 h no campo da festa de Negrelos, ainda que pode sufrir cambios esta ubicación por mor da climatoloxía. “Esta”, subliña o alcalde, Rubén Quintá, “será a 3ª reunión que mantemos cos afectados por este parque eólico”.

Novas relacionadas