Queimando roda na noite lalinense

Sucedeu durante a fin de semana das festas.
César Carracedo
septiembre 20, 2021

Chégannos hoxe estas imaxes que xa están circulando por algunhas redes sociais.

O vídeo está supostamente gravado a pasada madrugada na rúa Luís Gonzalez Taboada, nunha das zonas que adoita congregar un maior número de persoas nas noites de marcha. E a de onte érao.

Nel pode verse a un numeroso grupo de mozos e mozas que animan, berran e aplauden aos ocupantes dun vehículo que deciden abandonar o lugar “queimando roda”, como adoita dicirse.

Talvez non é o mellor xeito de irse dun sitio en coche no medio da noite. Ás molestias do ruído e á contaminación, súmase unha manobra que podería chegar a ser bastante perigosa…

Novas relacionadas