Presentouse a Feira do Cocido na Cidade da Cultura

Terá lugar o vindeiro 12 de febreiro.
Redacción
febrero 7, 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no acto de presentación da Feira do Cocido de Lalín levado a cabo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Alí, puxo en valor a longa traxectoria desta festa  de interese turístico internacional, que unha edición máis reúne a centos de persoas en Lalín.

A directora de Turismo fixo especial fincapé na importancia da enogastronomía dentro da oferta turística de Galicia xa que constitúe o segundo motivo polo que os turistas se achegan á Comunidade.

Por iso, explicou Castro, púxose en marcha o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, co obxectivo de promocionar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas de Galicia, cunha dotación orzamentaria de 35,4M €.

Novas relacionadas