Presentado o proxecto para a rúa Vázquez de Vila de Cruces

O alcalde salientou a "boa aceptación" do proxecto por parte da veciñanza. Vai beneficiar a mobilidade peonil.
Redacción
enero 22, 2022

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, mantivo este venres unha reunión cos veciños e veciñas de Vila de Cruces para
expoñer o proxecto da rúa Vázquez.

Trátase, segundo informa o Concello, “dun proxecto moi ambicioso que busca a modernización e mellora nas canalizacións e servizos da rúa central do núcleo urbano, cun investimento de preto de 900.000 euros.

Na primeira fase, a redistribución da rúa Vázquez vai beneficiar a mobilidade peonil, quedando un sentido único de circulación, cun ancho de 3,70 metros e unha zona de aparcamento en liña, cun ancho de 2,30 metros ao longo de toda a rúa nunha das súas marxes.

Na outra marxe colocaranse xardineiras, e bancos. Mellorando tamén os cruces coas rúas perpendiculares, para facilitar o radio de xiro dos vehículos, ampliando as sendas para favorecer o tránsito peonil.

A reunión de onte prolongouse por mais de unha hora e media, “na que se puido comprobar a boa aceptación do proxecto, que como dicían os veciños “este proxecto fai avanzar a Vila de Cruces e facela unha vila mais moderna e adaptada os novos tempos”.

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.