PP💘DZ!

Unha historia de desamor (e algo de humor) no Día de San Valentín
Redacción
febrero 14, 2023

💟En DZ! non somos alá moi románticos. Pero que o PP de Lalín decidise dedicarnos un dos apenas cinco parágrafos que utiliza para valorar “a mellor Feira do Cocido da historia” chegounos de vez ao corazón.

❤️E faino ademais hoxe, 14 de febreiro, Día de San Valentín. Amigues, as casualidades non existen: estamos ante toda unha declaración de amor. Falando en prata: PP loves DZ!😍

😔Por desgraza -querido Pepe, querido PP- o noso é imposible.

💔Non sodes vós, somos nós. Presentamos unha manifesta incompatibilidade de caracteres. Vós tedes un serio problema de base coas liberdades democráticas (como a de opinión, expresión e prensa) e a nós dannos alerxia as relacións tóxicas.🤢

🚩A vosa con nós, por certo, ten moito de tóxico: se vos sacamos, queixádesvos e, se non, tamén; tédesnos vetados como partido e como administración pública, pero pretendedes organizarnos a vida; facédesvos os “ofendididos” pero ao mesmo tempo queredes que vos fagamos “casito”…

▶️Si, xa sabemos que as únicas filtracións que vos gustan son as do Lalín Arena, pero a xente deixou de ter medo hai tempo e seguirá contándonos cousas. A información non ten dono: Lalín, tampouco.

💌Querido Pepe, querido PP: poderedes comprar todas as casas que queirades con cartos públicos como se fosen billetes do Monopoly, pero por moito que vos endebededes nunca poderedes comprar o noso amor. Aínda que admitimos que que o PP intente trolearnos o Día dos Namorados non ten prezo…

❌En resumo: un medio como DZ! “non está pa tipos como tú”. Nós so facemos información, “perdón que te salpique”.

Iso si, quedamos como amigos. Friendzone. E… cero rencor, PP.

Saúdos de volta!😘😘😘

P.S: Ah, e non. Non queremos outra cita contigo.🤷‍♂️

Novas relacionadas