Política Social achega máis de 220 mil euros á atención de persoas con discapacidade no centro ocupacional de Cogami en Silleda

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá as instalacións do centro, que conta cunha vintena de prazas financiadas con fondos públicos.
Redacción
enero 20, 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, puxo en valor os coidados que reciben as persoas con discapacidade e as súas familias nas instalacións de Cogami en Silleda.

A Xunta destina máis de 220.000 euros aos coidados e a atención de persoas con discapacidade neste centro, que conta cunha vintena de prazas financiadas con fondos públicos autonómicos.

Fernando González Abeijón visitou esta mañá os centros de día e ocupacional que xestiona esta entidade neste municipio. Alí valorou a ampla experiencia de Cogami na mellora da calidade de vida e na integración social e laboral de persoas con discapacidade.

Neste mesmo sentido, recordou a importante colaboración que mantén a Administración autonómica coas entidades sociais que, como Cogami están día a día achegando solucións para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios.

No complexo de Medelo, situado na parroquia silledense de Manduas, os usuarios dispoñen tanto de atención terapéutica de día como de fisioterapia. Ademais, desenvolven diferentes cursos de formación e actividades de capacitación como obradoiros de coiro, de teares ou de alfombras.

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.