Plenoil non instalará a súa gasolineira en Barrio do Campo

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo hoxe un encontro ca veciñanza de Barrio do Campo para comunicar que a empresa desiste na ubicación, "un éxito despois de case tres anos de loita".
Redacción
febrero 16, 2023

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo hoxe un encontro ca veciñanza do Barrio do Campo, onde a firma Plenoil ten previsto ubicar unha gasolinera low cost, para comunicarlles novidades sobre o caso.

Cuiña explicou aos veciños e veciñas presentes que a empresa vén de comunicarlle a busca doutra ubicación para a gasolineira no municipio, “novidades que son froito da xestión dos últimos meses pero tamén un triunfo da veciñanza que se mantivo firme”, indicou o alcalde.

Segundo explicou, a empresa ten previsto tramitar nas vindeiras datas os permisos pertinentes para a nova ubicación.

Os veciños presentes amosaron a súa ledicia por este cambio despois de tres anos de loita para evitar a que a gasolinera se ubicase no barrio.

O pasado mes de outubro coñeceuse o fallo xudicial que estimou o recurso da firma Plenoil contra a decisión da Xunta de Galicia de non formular declaración de incidencia ambiental.

O goberno local, que se personou na causa, sempre mantivo que a ubicación, tan preto de vivendas e edificios, non era a axeitada e convidou dende o primeiro momento á empresa a buscar outras alternativas.

O Concello de Silleda, que seguiu en contacto cos veciños residentes nas inmediacións da parcela de Barrio do Campo dende que a empresa presentou o proxecto en outubro de 2019, alegou en xaneiro de 2021 contra a ubicación da gasolineira, aducindo entre outros a proximidade a vivendas.

Un mes despois, en febreiro dese mesmo ano, a Consellería de Medio Ambiente resolveu que non procedía a declaración de incidencia ambiental en base ao informe do Concello de data 14 de xaneiro de 2021 no que se advirtía que o uso solicitado non era complatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda.

“Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.

Plenoil recurriu a decisión autonómica, nunha demanda na que tamén se personou o Concello de Silleda e os veciños da contorna. Ese recurso deu pé depois a sentenza do pasado mes de outubro.

Novas relacionadas