Pintadas homófobas e ameazas en Lalín

Fotodenuncia DZ!
César Carracedo
octubre 16, 2021

A fotodenuncia que nos chega hoxe ten por obxecto poñer en coñecemento público uns feitos de especial gravidade, ao tratarse de insultos homófobos e ameazas de morte.

▪️Apareceron en Lalín en forma de pintada nas escaleiras que suben da rúa do Areal ao parque que hai detrás da casa da xuventude.

A persoa que nos fai chegar as imaxes sinala que deberon ser feitas nas últimas horas “porque paso todos os días por aí e ata hoxe non reparara nelas”.

Nos graffitis poden lerse frases homófobas tan repulsivas e intolerantes, impropias do tempo no que vivimos como “que asco dan los gays” así como a palabra “gay” plasmada en varias ocasións nun contexto claramente despectivo. De inmensa gravidade é a mensaxe de ameaza de morte que di “vas a morir hoy”.

A persoa que denuncia o acontecido expresa a súa preocupación polos feitos e di que “non se poden permitir de ningún xeito e hai que denuncialos xa”.

Novas relacionadas