Outros 3.500 euros no segundo sorteo “3 en liña” da campaña da AED “O Nadal de Lalín mola”

As 14 persoas gañadoras realizaron tres compras dun mínimo de 50 euros cada unha entre os días 13 e 19. O espectáculo de música na rúa con “Perros de antes”, previsto para o xoves 23, aprázase debido á previsión de chuvia.
Redacción
diciembre 20, 2021

A Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín realizaron hoxe o segundo sorteo da promoción “3 en liña” da campaña “O Nadal de Lalín…mola”, no que repartiron un total de 3.500 euros distribuidos en 14 vales de compra de 250 euros para gastar no comercio asociado.

Estes vales foron escollidos entre todos os depositados no buzón desta campaña correspondentes ás compras realizadas desde o pasado día 13 ata onte.

Nesta ocasión, a propietaria de El Rincón de la Mariposa, Angélica Martínez, foi a “man inocente” encargada de elixir aos seguintes gañadores: Amparo Amigo, Carolina Caldas, María del Carmen Calviño, Laura Cendón, Carmen Fernández, Ana Gamboa, Santiago González, Giovanna Herrero, María Teresa Pardo, José Pérez, Yolanda Pousada, Rocío Reboredo, Iván Sánchez e Mercedes Vázquez.

Todos eles realizaron un mínimo de tres compras por importe de 50 euros cada unha nalgúns dos 16 seguintes comercios: C&C Young Trend, Calzados Senra, Colchonería Soños do Deza, Comercial Arribas, Dándara, Embutidos Lalinense, Escalena, Estación de Servicio Fervi, G-Básico, It ́s Man Only & Sons, Lencería Lilas, Librería Álvarez, Moca, Muebles Sieiro, Tele Deza e Zapatería Martínez.

Para poder reclamar o seu premio, os /as afortunados/as deberán presentar na A ED un documento de identidade e os tickets correspondentes ás compras realizadas.

Por outra parte, a AED informa que o espectáculo de música na rúa previsto para o vindeiro xoves día 23 e protagonizado por “Perros de antes” (Jorge Casal e Rá Rey) queda aprazado ante a previsión de chuvia e comunicarase unha nova data.

Novas relacionadas