Os socialistas lamentan a “desmemoria” de Crespo coa peaxe da AP-53: “a peaxe máis alta de España”

Contrastan o que pasa coa súa peaxe coas rebaixas da AP-9 ou a gratuidade da AG-53. Se o PP non concedera prórrogas irregulares na AP-9 hoxe estaría liberada a AP-53”, afirman.
Daniel Santalla
octubre 2, 2021

Os socialistas lalinenses lamentan a desmemoria de Crespo, e recordan que “foi o PP quen condeou a Lalín a 75 anos da peaxe mais alta de España”. “Os Gobernos de Aznar en Madrid e Fraga en Santiago déronlle á concesionaria o prazo máis longo que permite a Lei, 74 anos, polo que o PP instaurou unha peaxe ata 2047”, explican. “Ademais, non contentos con iso, subvencionaron con 60 millóns de euros (daquelas 10.000 millóns de pesetas) á sociedade concesionaria e regaláronlle a titularidade ao Estado”, enfade o PSOE.

Os socialistas lalinenses din apoiar “non só a rebaixa da peaxe, tamén a súa liberación, pero resulta escandaloso que o PP queira agora reclamarlle a mesma ao Goberno de España cando sempre optaron por penalizar a Galicia e a Lalín con peaxes durísimos e prazos de concesión moi longos”. “Como sempre regalan o público e logo queren que outros rescaten concesións” sinalan desde o PSdeG-PSOE e contrapoñen as políticas do PP “coas que o os socialistas teñen en Galicia”.

Así, recordan que “ata Ourense é gratuíta por decisión socialista e se agora a AP-9 é moito máis barata tamén é por un Goberno socialista” mentres preguntan “cantas rebaixas fixo o PP a quen circule de Santiago a Ourense nos gobernos de Aznar e Rajoy”.

Para o PSdeG-PSOE de Lalín o PP “non ten nin lexitimidade ao falar disto tras coñecerse que a Comisión Europea considera irregulares ás prórrogas dos Gobernos de Rajoy á concesión da AP-9, que extende a peaxe ata 2048, que se fixo sen respectar a lexislación europea”. “A pesares disto o Goberno de Pedro Sánchez en dous anos no Goberno xa aliviou as cargas sobre a mesma”, sinalan.

Finalmente o PSOE indica que”de non ser polas cargas que deixou o PP hoxe estaríamos falando da posibilidade de que o Goberno Central levantara ou rebaixara a peaxe da AP-53, pero era lóxico que primeiro se buscase aliviar a situación que o PP lle deixou como herencia aos cidadáns de Galicia ata 2048 na AP-9, unha peaxe que remataba en 2023”.

En todo caso, din, “os socialistas de Lalín manteñen a súa aposta pola rebaixa da peaxe “goberne quen goberne non como Crespo que cando gobernan outros pon pancartas e cando lles toca a eles queda mudo”.

Novas relacionadas