Os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano contemplan máis de 11,2 millóns de euros para Lalín

O groso desa cantidade vai para financiar as obras do CIS, á que se destinarán 7,8 millóns este ano. O resto de municipios da comarca do Deza non recibirá nin un só euro nas partidas territorializadas.
César Carracedo
octubre 20, 2021

O proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano entrou esta mañá no Parlamento para iniciar a súa tramitación. As contas do goberno galego para 2022 inclúen partidas por un total de 11.249.352 euros para o desenvolvemento de diferentes iniciativas en Lalín.

A maior parte desa cantidade, unha xa coñecida: son os 7.877.430 euros que se van destinar a sufragar as obras do Centro Integral de Saúde, o CIS de Lalín, cuxas obras están en fase de execución dende o pasado mes de maio. A eses máis de 7,8 millóns a Xunta engádelle una partida de 871.661 euros para o ano 2023, o que completaría os 8,7 millóns nos que foi adxudicado o proxecto.

A maiores, as partidas territorializadas inclúen 2.417.550 euros para a quinta fase do polígono Lalín 2000.

Os orzamentos da Xunta tamén recollen un investimento de 954.372 euros para mellora do saneamento e depuración no concello.

No seu proxecto, a Xunta non contempla ninguna partida específica para ningún dos outros concellos da comarca do Deza.

Novas relacionadas